(A Coruña, España, 1919 - Santiago de Compostela, España, 2018)
Apuntes biográficos/históricosArqueólogo e profesor, desde neno acompañaba ao seu pai nas excursións educativas dos "Amantes del campo", asociación fundada por Manuel Insua Santos, coa que participou na escavación realizada nas mámoas de A Zapateira e noutras actividades que posiblemente despertaron nel a súa vocación posterior. Estudou bacharelato na Coruña e licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago, doutorándose en Madrid en 1949 cunha tese sobre a Prehistoria no Noroeste de España, Galicia en Ptolomeo. Profesor na Universidade de Compostela e pioneiro nas escavacións no Castro de Elviña, das que foi apartado por razóns políticas. Percorreu Galicia documentando escavacións e Europa visitando outras, ata o seu regreso a Madrid onde compatibiliza o cargo de bibliotecario do Instituto Arqueolóxico Alemán con outros e participando na elaboración da bibliografía arqueolóxica de 1954 a 1955. Foi destinado pola Dirección Xeral de Belas Artes como director para a organización do Museo de Belas Artes de Ávila e, máis tarde, do Arqueolóxico da Coruña por oposición. Tras o seu enfrontamento co alcalde da Coruña nese momento, Jaime Hervada, por negarse a que se celebrasen nas dependencias do museo a festa asturiana do Bollu preñao, foi trasladado en Comisión de Servizos forzosa ao Museo das Peregrinacións de Santiago, inda que nunca foi cesado como director do museo arqueolóxico da Coruña.
Fuentes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Consulta o 21 de decembro de 2023 https://autorgal.usc.gal/encabezamiento/monteagudo-luis-1919/
2. Fundación Luis Monteagudo. Visitada o día 21 de decembro de 2023 https://www.fundacionlmonteagudo.com/index.htm
3. Catálogo de Autoridades da Biblioteca Nacional de España. Visitado o día 21 de decembro de 2023. XX1333447