Apuntes biográficos/históricosAvogado e deputado polo Partido Reformista entre 1916 e 1923. Durante a Segunda República afiliouse a Acción de Republicana, o partido de Manuel Azaña e foi deputado ata o golpe de estado de Franco en xullo de 1936.
Foi Ministro de Estado nos gobernos de Azaña, Casares Quiroga, Martínez Barrio e José Giral. Era un dos mellores especialistas en Dereito Internacional e, como tal, presidiu o comité de expertos reunidos para valorar a Ley de Terrorismo de Maura en 1908.
En 1910 ingresou na loxa masónica ibérica onde ocupou os cargos de Gran Mestre do Grande Oriente Español e Soberano Gran Comendador do Supremo Consello do Grado 33 para España e as súas dependencias. Tiña un dos mellores bufetes de avogados de Madrid e, de feito, foi o avogado defensor de Lluís Companys e os seus compañeiros da Generalitat no proceso pola proclamación do Estado Catalán dentro da República Federal Española.
Pouco despois do alzamento franquista foi nomeado embaixador en Uruguai e representante do goberno español na Arxentina, terra na que se exiliou ao finalizar a Guerra Civil. Formou parte do goberno republicano no exilio entre 1945 e 1947. Morreu en 1961 na cidade de Bos Aires en xuño de 1961.