(Oroso, España, 1746 - Santiago de Compostela?, España, 1825)
Apuntes biográficos/históricosCoñecido como o segundo Cura de Fruíme, este relixioso, escritor e político absolutista iniciou os estudos de Filosofía e Teoloxía en Santiago de Compostela, que deixaría sen rematar cando obtivo a freguesía de Fruíme, etapa onde recibiu as ordes de graos e Epístola, as de Evanxelio e as de Presbítero. Ademáis da súa participación na loita política do momento, hai quen sostén que se adicou a gañar as simpatías do Cabido por medio da súa capacidade lírica. En 1808, durante a Guerra da Independencia, foi membro da Xunta de Defensa e Armamento compostelá. Por mor da súa postura contraria á soberanía da Xunta Suprema de Galicia condenárono a dous meses de reclusión no convento padronés de Herbón. Un ano máis tarde, no intre da invasión francesa en Galicia, viuse obrigado a abandoar a cidade xunto co arcebispo Muzquiz, vivindo nos arredores de Pontevedra. Colaborou nos xornais absolutistas e anticonstitucionalistas La Estafeta e El Sensato. Tal posicionamento político levaríao ó desterro nas Illas Canarias xunto con varios eclesiásticos e segrares, acusados de preparar unha conspiración absolutista contra o goberno constitucional no 1821.
Formas alternativas del nombreCastro e Iglesias, Antonio Francisco de, 1746-1825
Castro, Antonio, segundo cura de Fruíme, 1746-1825
Segundo cura de Fruíme
Castro, Antonio Francisco de, cura de Fruíme, 1746-1825
Castro Gallego, Antonio Francisco de, 1746-1825
Fuentes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Consulta o 30.03.2017 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=1064