Apuntes biográficos/históricosAínda que nado na provincia de Ourense, Losada Quiroga pasou gran parte da súa vida en Salamanca, lugar no que transcorreu a meirande parte da súa formación e o seu traballo. No colexio que a Compañía de Xesús tiña na cidade salmantina foi onde exerceu coma mestre en Filosofía, Teoloxía e Sagradas Escrituras.
Gozou de gran sona e respecto entre os seus contemporáneos, chegando a ser amigo, mestre e inspirador do Pai Isla. Asemade, persoeiros como o Pai Feijoo, Jovellanos ou Menéndez Pidal manifestaron en varias ocasións a súa admiración polo autor.
A súa obra Curso filosófico, consolidouno coma un dos autores máis importantes da Historia da Compañía de Xesús. Proba disto é o feito de que a obra fora adoptada como texto nos Colexios Máximos da Compañía no século XX.
Formas alternativas del nombreLosada y Quiroga, Luis de, 1681-1748
Losada Quiroga, Luis de, 1681-1748
Lossada, Luis, 1681-1748
Pitillas, Jorge, 1681-1748
Fuentes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Consulta o 26.06.2017 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=2895