Apuntes biográficos/históricosCursou estudios de Dereito en Santiago e chegou a ser un destacado xurisconsulto da súa época. Ós trinta anos foi deputado a Cortes por Lugo, sendo este o primeiro cargo da súa prolífica carreira política. No ano 1867 foi de novo deputado, pero nesta ocasión por A Coruña.
Defendeu con éxito a construcción do ferrocarril de Ponferrada á capital coruñesa, en contra das pretensións dos deputados de Zamora, que loitaban pola unión da súa cidade con Vigo, deixando á Coruña illada do servicio ferroviario. Tralo seu paso polas Cortes ocupou destacados cargos, chegando a ser Presidente do Congreso dos Deputados, Conselleiro de Estado e Director Xeral da Débeda.
Dirixiu na Coruña o Boletín Judicial de Galicia e foi colaborador habitual da Revista jurídica y administrativa de Galicia, dirixida por José María Maya y Barrera.