Apuntes biográficos/históricosLogo de cursar estudios primarios no colexio da Natividade na súa cidade natal, traladouse a Santiago de Compostela onde cursou as carreiras de Dereito e Filosofía. Xa no primeiro ano de carreira publicou unha folla satírica titulada Un sueño en Estambul Obtivo a condición de bacharel a claustro pleno na facultade de Filosofía, presidiu a Academía Literaria de Santiago e foi membro de sociedades científicas en España e no estranxeiro. Tamén foi deputado por Viveiro. Político e xornalista, fundou "El Centinela de Galicia" a caron do seu colaborador leal, Tiburcio Faraldo. Anos máis tarde, e baixo a súa dirección, saíu á luz en Madrid, "El Oriente", publicación moderada pero con tendencia progresista, órgano do novo partido "La Unión Liberal", onde tiña como compañeiros de redacción a Tiburcio Faraldo e Luis Trelles. A inserción de determinados artigos considerados demasiado combativos neste xornal motivlu a súa persecución e a dos xornalistas que traballaban nel. A consecuencia disto, fuxiu a Córdoba, onde faleceu.