Apuntes biográficos/históricosComezou os estudos de Teoloxía e Humanidades, aínda que os abandonaría para estudar Dereito na Universidade de Santiago, onde se licenciou. Foi en Compostela, na súa época de estudante, onde comezou a colaborar en diferentes xornais, participando na creación de La Aurora de Galicia. Participou activamente, ademáis, na fundación da Academia Literaria y Artística de Santiago.
Tras pasar unha etapa en Madrid estudando pintura, regresa a Galicia e funda, xunto co seu curmán José Carvajal y Pereira, o Faro de Vigo. Coa axuda do impresor Ángel de Lema sacan adiante esta publicación da que serán os únicos redactores ata 1861.
No Faro de Vigo, baixo o seudónimo de Don Lucas, publicou crónicas humorísticas que gozaron de gran aceptación entre os lectores. Escribiu Un paseo de Vigo a Bayona ademáis de numerosas composicións poéticas en galego como A Moneca, Carmeliña ou Romería na vila de Bouzas. En castelán destacan lendas como Rosalinda.
Dous anos despois da súa morte, na colección Biblioteca Gallega, aparecerían as súas Poesías Selectas.
Formas alternativas del nombrePosada Pereira, José María, 1817-1886
Don Lucas, Pseud. de Posada y Pereira, José María, 1817-1886
Posada, José María, 1817-1886
Fuentes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Consulta o 28.06.2017 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=3950