(Santiago de Compostela, España, 1818 - Madrid, España, 1894)
Apuntes biográficos/históricosHistoriador, economista e xurista, estudiou Humanidades na Universidade de Santiago de Compostela, onde cursou a licenciatura de Filosofía e, posteriormente, doutorouse en Dereito. Ocupou como sustituto durante anos a cátedra de Economía Política ata que gañou, por oposición, a de Dereito Político e Administrativo da Universidade Central. Ao mesmo tempo foi fiscal do Tribunal Supremo, postos que mantería ata a súa xubilación. Foi deputado e senador vitalicio ao participar como afiliado ao Partido Liberal Fusionista, que presidía Sagasta. Ingresou na Real Academia da Historia como membro numerario, na Real Academia de Ciencias Morais e Políticas, da que foi bibliotecario perpetuo, e foi Decano da Facultade de Dereito da Universidade Complutense de Madrid. En 1893 ingresou na Real Academia Española da Lingua. Na súa actividade pública desempeñou os cargos de Inspector Xeral de Instrucción pública, presidente de Sección de Fomento do Consello de Estado e membro da Comisión de Foros e Cortes da Academia da Historia. Tamén pertenceu a diversas corporacións extranxeiras como o Instituto de Francia e a Real Academia de Bélxica.