Apuntes biográficos/históricosJosé Pardo Bazán, nado na Coruña en 1827 e finado na mesma cidade en 1890, foi un político e avogado galego. Foi o alcalde da Coruña e elixido deputado das Cortes pola Coruña nas eleccións de 1854 e 1869. Tamén foi o primeiro Conde de Pardo Bazán, así como o pai da escriitora Emilia Pardo Bazán. Traballou como redactor para o xornal madrileño "La Discusión".