(1908 - Santiago de Compostela, España, 1979)
"Jesús Rey-Alvite Feás, tamén coñecido como Jesús Alvite e Jesús Rey Feás, finado en Santiago de Compostela o 10 de outubro de 1979, foi un funcionario de prisións, escritor e xornalista galego. Fillo do xornalista Jesús Rey Alvite e de Concepción Feás Mourelle, e irmán do tamén xornalista Pepe Alvite. En setembro de 1932 foi nomeado correspondente en Santiago de Compostela do xornal Diario de Pontevedra, En decembro de 1933 foi elixido Secretario da Comisión Organizadora da Homenaxe ao Secretario do Comité de Autonomía, Enrique Rajoy Leloup. Desde febreiro de 1934 estivo empregado en Madrid na secretaría persoal do avogado e vogal do Tribunal de Garantías, Basilio Álvarez.
Separadas pola guerra civil, foi empregado en dúas etapas diferentes do Corpo Xeral de Prisións. O 24 de abril de 1956 foi nomeado socio de honra da compostelá Unión Protectora de Artesáns. Continuou coa publicación das guías que por mor das Festas do Apóstolo Santiago facía anualmente o seu pai. Faleceu aos 71 anos, mentres retransmitía por Radio Galicia a súa columna habitual.
Colaborou con diversos medios de comunicación galegos, como La Voz de Galicia (da que foi delegado en Santiago), El Correo Gallego, El Ideal Gallego e Radio Galicia. Tamén foi correspondente en Santiago do xornal madrileño La Tarde desde agosto de 1948.
Unha rúa compostelá leva o nome Irmáns Rey Alvite en lembranza súa e do seu irmán José."
Enlaces relacionados
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal