Apuntes biográficos/históricosNicasio Taxonera, finado en Ferrol en abril de 1911, foi un impresor e político galego.
Foi o seu pai Nicasio Taxonera Marzal, un importante empresario ferrolán en posesión dunha imprenta desde, cando menos, o 1837.
Finado o seu pai no 1854, continuou Nicasio Taxonera fillo cos seus negocios, editando na imprenta familiar os xornais El Eco Ferrolano (1854-1855, 1864-1869), El Pensamiento de Galicia (1865-1866) e El Diario Ferrolano (1867-1869). Da imprenta dos Taxonera saíron tamén os sete volumes da Historia de Galicia de Benito Vicetto (1865-1873) e os Estudios sobre la época céltica en Galicia de Leandro de Saralegui.
Foi elixido deputado provincial en 1877.
Galipedia