(Rocha, Uruguai, 1882 - Santiago de Chile, Chile, 1954)
Apuntes biográficos/históricosTerceiro fillo de Eladio Dieste Muriel e Olegaria Gonçalves Siveira, descendente de portugueses establecidos no Brasil. Desde os seis ata os once anos viviu en Pontevedra e máis tarde en Rianxo. Estudou no Seminario de Santiago de Compostela, sen ordenarse. Máis tarde fixo a carreira de Filosofía e Letras.Foi colaborador de Castelao na revista El barbero Municipal. E fundador da revista P.A.N (poetas, andantes e navegantes).
Regresa ao Uruguai para non ter que ir á guerra do Rif. Moitos anos despois foi nomeado cónsul xeral do Uruguai, primeiro en Londres e, a partir de 1931, en Bilbao, Cádiz e Madrid. Renuncia ao cargo por estar en desacordo coa decisión do goberno uruguaio de romper as relacións diplomáticas coa república. En anos posteriores volve a exercer como tal en San Francisco, Nova York e Santiago de Chile.