Apuntes biográficos/históricosDavid Fojo Díaz nació en San Adrián. Na adolescencia deixou o seu emprego de ferreiro na súa localidade natal para trasladarse a Cuba, onde desempeñou varios oficios. Cando regresa a Galicia, pon un comercio de librería e papelería en Ortigueira, ao que, pouco a pouco, lle incorpora outros negocios. Nembargantes, podemos dicir que dedicou a súa vida á actividade de imprenta, á que lle dedicou boa parte do seu capital e as súas ambicións persoais e políticas. Proba delo son os xornais que editó baixo a súa direción, a dos seus descendentes e outras persoas destacadas da comarca.
O primeiro xornal no que participa como socio é "El cabo Ortegal", que edita xunto cos irmáns José e Vicente Maciñeira e o tamén impresor, Ángel Amenedo. Cando este último deixa Ortigueira en 1892, véndelle a imprenta aos seus socios, que a deron de alta na contribución industrial do Concello co nome de "Imprenta El Ortegal de Fojo y Compañía". Dous anos máis tarde, David Fojo mércalles a parte do negocio tipográfico á familia Maciñeira. A este novo negocio, Fojo chámalle "Imprenta de El Condado". Con esta empresa e coa librería que xa poseía, o patriarca dos Fojo iniciará unha aventura empresarial que se extenderá ao longo de varias xeracións, e que todavía pervive a día de hoxe.
Formas alternativas del nombreFojo Díaz, David, -1930
Fuentes consultadas1. Súarez Sandomingo, José Manuel. Los Fojo, toda una saga de editores y empresarios orteganos. En: O impacto da prensa local na configuración do tecido social e político: o caso de "La voz de Ortigueira. A Coruña: Deputación Provincial, 2017