Apuntes biográficos/históricosAntes de emigrar a Cuba traballou como telegrafista en Salas, vila asturiana na que organizaba veladas literarias e na que fundou unha sociedade recreativa.
Emigra a Cuba en 1893 e tras a guerra de independencia pasa a México e máis tarde a O Salvador, onde funda o xornal Sancho Panza. Uns anos despois volve a Cuba onde desde 1901 foi redactor do Diario de la Marina, onde tiña unha sección humorística moi popular. Tamén traballou nas redaccións de La Lucha e El Mundo.
Faleceu en Madrid en xaneiro de 1930 a onde se atopaba recibindo tratamento médico para unha enfermidade pulmonar.