Apuntes biográficos/históricosComezou a escribir moi nova, algúns poemas publicados en Horas de frebe datan de cando tiña trece anos, a súa poesía, costumista e dun lirismo subxectivo, céntrase no mundo rural, frecuentemente cun ton anticaciquil, técnicamente os seus versos amosan defectos no ritmo e o seu galego é algo forzado.
Conservadora e católica apoiou ó bando sublevado durante a Guerra Civil Española. Deixou de publicar en galego ata 1956 cando publicou o poemario bilingüe Lluvia menuda.