Apuntes biográficos/históricosAvogado e profesor galego. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Zaragoza, colaborou no xornal El Regional, de Lugo, dirixiu La Ciudad del Cabe de Monforte de Lemos, e El Combate da Coruña. Tiña unha academia en Lugo ata que aprobou as oposicións de Lingua francesa de institutos provinciais de segunda ensinanza, Foi catédratico de Francés en Institutos de Ourense, Huesca e A Coruña. En 1915 licénciase en Dereito en Santiago.
Colaborador de La Voz de Galicia, impartía conferencias no Casino Republicano coruñés. A partir do golpe de estado do 18 de xullo de 1936 foi declarado excedente forzoso como profesor e suspendido de emprego e soldo en novembro do mesmo ano. En 1941 iniciouse contra el un expediente de responsabilidades políticas.