(Priego, Córdoba, España, 1891 - San Francisco, Estados Unidos, 1969)
Apuntes biográficos/históricosPintor asociado ao post-impresionismo español e máis tarde, nos Estados Unidos, aos muralistas da Gran Depresión na área da Baía de San Francisco, California.
Estudou na Real Academia de Belas Artes de San Fernando. En 1925 foi nomeado director da Misión Artística Española para o fomento da Arte e a Cultura española en América, facendo unha serie de exposición con máis de cincuenta obras de artistas españois nas cidades de Nova York, Washington D.C e San Francisco.
Nos anos 30 trasladouse a San Francisco onde dou clases na Art Students League e noutros centros.