Apuntes biográficos/históricosAntonio Noguerol Eyré foi un político galego.
Administrador de "La Voz del Agro". Foi un dos promotores con Daniel Vázquez Campo da Asociación Republicana de Chantada constituída en novembro de 1930. Na II República foi elixido alcalde de Chantada o 1 de xullo de 1931. Procesado con toda a corporación por suposto delito de coacción electoral, foron cesados en setembro. Foi restituído como alcalde o 11 de xullo de 1932. Faleceu en Chantada o 30 de abril de 1938.