Apuntes biográficos/históricosSábese deste monxe franciscano que ocupou os postos de Predicador xeral e Cronista da súa provincia. Produto do seu labor como cronista, escribiu a súa obra máis coñecida: o Arbol Cronológico [...]. Este volume, considerado de gran valor para a historia de Galicia, foi continuado por Frei Juan Antonio Domínguez tras a súa morte. Asemade, Jacobo de Castro publicou a Respuesta antiprologética [...], obra que provocou as suspicacias do Padre Castro, quen a contestou con Serios dilemas dictados por la fuerza de la razón y verdad [...]. Unha mostra do seu labor como predicador atópase no sermón da súa autoría recollido na obra colectiva Fiestas Compostelanas. Este volume foi composto co gallo da canonización de Pío V e veu a luz en 1715 no Convento de Santo Domingo en Santiago.