(Curtis, España, 1749 - Santiago de Compostela, España, 1806)
Apuntes biográficos/históricosSánchez Vaamonde destacou sobre todo polo seu papel de economista ilustrado. Cursou estudos de Retórica e Teoloxía na Universidade Compostelá, onde se dedicaría ao ensino. Asemade, o arcebispo Bocanegra nomearíao Fiscal e logo Xuíz Eclesiástico da Diócese, cargo que poñía baixo a súa responsabilidade a Biblioteca Arcebispal. Coma fillo da Ilustración, Sánchez Vaamonde involucrarase en numerosas iniciativas sociais e culturais. Entre as actividades que emprende a prol da cultura destacan a fundación da Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago en 1784, ou o seu labor de mecenado con algúns artistas da cidade.
En relación á súa obra, nela reflíctese a súa preocupación pola economía galega que precisaba, segundo el, dunha urxente renovación das vellas estruturas e dunha dinamización de certos sectores, como o da agricultura. Moitos foron os estudos que levou a cabo, sendo dignos de destacar aqueles nos que quedaba de manifesto o seu interese polas vías de comunicación terrestres e marítimas.
Os seus escritos recompiláronse baixo a dirección de Carlos Ramón Fort e o Conde de Pardo Bazán, nun volume titulado Colección de los escritos de Dr. D.Antonio Sánchez, coengo da Santa Igrexa Metropolitana de Santiago. Lamentablemente, este volume non recolle toda a produción do autor.
Formas alternativas do nomeP.A.S.V., 1749-1806
D.P.S.B., 1749-1806
Sánchez Baamonde, Pedro Antonio, 1749-1806
Sánchez, Pedro Antonio, 1749-1806
Sánchez Vahamonde, Pedro Antonio, 1749-1806
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Consulta o 28.06.2017 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=4550