(Santiago de Compostela, España, 1736 - Madrid, España, 1814)
Apuntes biográficos/históricosXurista e político formado na Universidade de Santiago, Hermida y Maldonado ocupou altos cargos na Administración, participando activamente na vida social da súa época. Aínda que obtivo unha cátedra de ensino na Universidade Compostelá, preferiu dedicarse á xurisprudencia. Entre os cargos que ocupou neste campo estiveron os de oidor da Real Chancelería, o de rexente da Audiencia de Sevilla, e o de fiscal da Cámara no Real Consello a partir de 1808. Neste mesmo ano ocupou tamén o cargo de secretario de Estado no despacho de Graza e Xustiza, chegando a ser deputado por Galicia para as Cortes Xerais e Extraordinaria en 1810. En 1811 publicou en Cádiz dous folletos de carácter político: un sobre os dereitos da princesa dona Carlota Joaquina de Borbón, e o outro en torno á Constitución do reino de Navarra. Paradoxalmente, os seus derradeiros anos de existencia transcorreron case na indixencia. A Universidade de Santiago, que o tivo entre os seus fillos máis ilustres, dedicoulle un vítor, no que se eloxia a súa figura. O seu retrato permanece pendurado na Biblioteca Universitaria.
Formas alternativas do nomeHermida y Maldonado, Benito Ramón de, 1736-1814
Hermida y Maldonado, Benito Ramón, 1736-1814
Hermida y Maldonado, Benito Raimundo, 1736-1814
Hermida y Porras Bermúdez Maldonado, Benito Ramón de, 1736-1814
Hermida y Porras Bermúdez Maldonado, Benito Ramón, 1736-1814
Hermida, Benito Ramón de, 1736-1814
Ramón de Hermida, Benito, 1736-1814
Hermida Maldonado, Benito Ramón de, 1736-1814
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Consulta o 23.06.2017 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=2401