(San Salvador de Camba, Lugo, España, 1802 - 1881)
Apuntes biográficos/históricosPopularmente coñecido como "El santo gallego" por mor do exemplo de caridade cristiá que deu nalgunhas épocas de desgracia pública, este relixioso estudiou Filosofía e Teoloxía no seminario de Lugo e gobernou algunhas parroquias despois da súa ordenación. Moi axiña, sen embargo, deixou a vida segrar para ingresar no convento de dominicos lucense do que foi catedrático, vicereitor e reitor. Pasou despois ó de Santiago e Oviedo, onde ensiñou Filosofía e foi lector de Teoloxía, ademáis de presidente da Academnia de Teólogos. Ocuparía, asimesmo, a cadeira episcopal de Badaxoz e de Zaragoza, onde concebiu o proxecto de complegtar o pazo da súa sede. Asistiu ó cónclave que elixiu a León XIII e ó Concilio Vaticano de onde saíu elexido como primeiro dos 24 prelados, ademáis de presidente da comisión FIDE. Pio IX nomeouno cardeal da Orde dos Presbíteros e titular de Santo Estevo de Monte Celio, e pertenceu ás congregacións romanas de bispos e regulares, do Concilio e o Indice.