Apuntes biográficos/históricosPedro foi o menor dos tres fillos do catalán, natural da comarca de Anoia, Francisco Ferrer Puigdengolas e da coruñesa Niceta Sans Samá, tamén de orixe catalá. A familia dedicábase ao comercio de papel e coa morte do pai o 19 de xaneiro de 1872 ocuparon a dirección a súa nai e o seu irmán máis vello, Francisco Ferrer Sans (Paco), que en 1883 incorporan os servizos de impresión. Paco finou o 6 de outubro de 1884.
Pedro fíxose cargo dos negocios familiares e viaxou a canda á súa familia catalá á Exposición Universal de Barcelona de 1888, na que participaba o seu primo Ramon Romaní i Puigdengolas, data na que comeza a tirar fotografías. En 1894 xa ofrecía os seus servizos como fotógrafo no comercio familiar da rúa Real 61, nun edificio de catro plantas onde tamén se situaba o domicilio familiar. Destacan as súas fotografías sobre a vida cotiá da cidade, que apareceron na serie Por las calles. Editou Vistas de La Coruña e Porfolio de Galicia, fascículos publicados entre 1902 e 1904.
Na década de 1930 a súa actividade foi diminuíndo e faleceu por mor dun derramo cerebral en 1939. Foi enterrado no cemiterio de Santo Amaro.
A súa obra difundíronse na I Fotobienal, celebrada en Vigo en 1984 e apareceu publicada no libro As imaxes do traxe en Galicia en 1992.
Pedro Ferrer casou o 5 de febreiro de 1898 con María Josefa Carreras-Presas Mariñas, coa que tivo sete fillos (dous homes e cinco mulleres).
Galipedia
Formas alternativas do nomeFerrer (fotógrafo)
Ferrer y Sans, Pedro, 1870-1939
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 18 de outubro de 2021 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=1767
2. Autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX1725301. Visitado o 18 de outubro de 2021
3. Balbini, M.ª Ana (2015). Catalogación de la obra fotográfica de Pedro Ferrer. Propuesta de creación de un archivo virtual unificado