Apuntes biográficos/históricosFoi un avogado e escritor galego.
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1926, marchou a Barcelona logo de aprobar ás oposicións ao Ministerio de Gobernación e alí residiu toda a súa vida. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e colaborou en diferentes revistas e xornais. En 1926 fundou, con Denys Fernández, a revista Galaxia. Comezou a escribir en castelán pero tamén ten moita obra en galego. É autor do artigo "Esquema da nova poesía galega", publicado na revista Nós en 1935.
É irmán do tamén escritor Álvaro de las Casas.
Formas alternativas do nomeCasas Blanco, Augusto María, 1906-1973
Casas, Augusto María, 1906-1973
Casas Blanco, Augusto, 1906-1973
A.Mª.C. (Casas, Augusto), 1906-1973
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 8 de maio de 2020 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=997
2. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX1238811. Visitado o 8 de maio de 2020