(A Coruña, España, 1898 - Miami, Florida, Estados Unidos, 1963)
Apuntes biográficos/históricosSacerdote da Compañía de Xesús, coa que se trasladou a Colombia. Estuda en Bogotá Filosofía e Ciencias e fai o doutoramento en Quito, no Ecuador. Volve a Bogotá onde comeza a dar clase.
Tras unha viaxe a España, trasládase á Habana de onde é expulsado en 1961 tras a revolución cubana.
Escritor, sobre todo adícase á poesía e tamén escribe artigos en publicacións pertencentes á colonia galega en Cuba. Na súa obra ensaística atopamos pezas sobre Lope de Vega, Cervantes e Menéndez Pelayo. A poética está escrita maioritariamente en lingua galega.
O concello da Coruña dedicoulle a rúa Padre Rubinos e é membro de honra da Real Academia Galega.