(Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, España, 1852 - Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, España, 1910)
"Estudou en Santiago o bacharelato e a carreira de Medicina (1870-5), e presentou a súa tese de doutoramento na Universidade Central (Madrid), en 1879. Na memoria Idea general de la hidrología médica (Carús, 1879), abordou o tema prioritario nas súas preocupacións científicas.
Foi profesor de diversas materias científicas en colexios da súa vila, realizou análises biolóxicas e químicas e inventou varios aparellos de física. O dominio do idioma alemán permitiulle realizar diversas traducións. No contexto galego, Carús salienta polas súas contribucións no ámbito da Hidroloxía médica. Membro da Sociedade Española desa especialidade, atribúeselle a dirección facultativa do Gran balneario de la Concha."
Enlaces relacionados
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal