(Santiago de Compostela, España, 1850 - Madrid, España, 1923)
Apuntes biográficos/históricosNado en Compostela, onde estudou Dereito na súa universidade, ocupou varios cargos como funcionario no Ministerio de Graza e Xustiza en Madrid, na Delegación de Facenda en Ourense, ou no Ministerio da Gobernación en Pontevedra. Na Coruña, foi catedrático do Instituto e secretario da Xunta de Obras do Porto. . - Colabora na prensa no Diario de Avisos ou en La Semana e funda e dirixe o semanario El Domingo en 1882. Tamén formou parte da redacción de La Correspondencia de España.
En 1894 foi nomeado Secretario Xeral do Goberno da Illa de Cuba. E en 1897 director do Penal de Santoña e máis tarde do Cárcere Modelo de Madrid. Foi suspendido de emprego e soldo tras o xuízo do dobre crime da rúa Fuencarral no que se revelou cunha das implicadas saía do cárcere cando quería grazas ás súas relacións con Millán Astray.
Autor de varias zarzuelas e outras obras, nas súas Memorias explica a súa visión sobre a España da Restauración e crea un catálogo dos tipos criminais e pequenos delincuentes da época.