Apuntes biográficos/históricosBispo de Ávila, herexe hispánico e pai do priscilianismo ( ca. 340-385). Especulouse sobre a posibilidade de que estivese enterrado na catedral de Compostela, en lugar do corpo do apóstolo Santiago.
No século IV, Prisciliano revolucionou as bases do cristianismo primitivo chocando de fronte coa Iglesia, polo que foi acusado de herexe e executado en Tréveris no 385 por orde do emperador Teodosio. Os seus restos serían levados a Galicia polos seus seguidores, tal como cítase na Crónica de Sulpicio Severo, a principios do século V. Este traslado estaría relacionado -dise- cunha posible orixe galega deste herexe.
O primeiro investigador que expuxo de maneira pública esta posibilidade foi o francés Louis Duchesne quen, no ano 1900, publica na revista de Toulouse Annales du Midí un artigo baixo o título Saint Jacques en Galice, no que suxire que quen en realidade está enterrado en Compostela é Prisciliano, baseándose na viaxe que os seus discípulos fixeron cos seus restos mortais, ata Galicia. Posteriormente Sánchez- Albornoz e Miguel de Unamuno fixéronse eco desta hipótese que pasou a converterse nunha teoría moi popular, aínda que moi controvertida.
Son moitos os historiadores españois e estranxeiros que a subscriben. Algúns destes pensadores críticos, que reformularon os cimentos do culto a Santiago en Compostela, son o profesor Henry Chadwick, de Oxford, Américo Castro, Fernando Sánchez Dragó e Ramón Chao.
Tamén Menéndez Pelayo, aínda que entende que sería temeridade negar a predicación de Santiago apóstolo, pero tampouco é moi seguro afirmala, non vacila á hora de abordar esta hipótese. Nese sentido, expón con estrañeza que as crónicas astures, como a de Alfonso III, non mencionen a aparición do corpo do apóstolo Santiago no bispado de Iria Flavia, cando debía ser así. Pola súa banda, Miguel de Unamuno pregúntase se a sepultura de Prisciliano disfrazada pola ortodoxia, non segue sendo lugar de atracción de peregrinos, en clara alusión a Compostela.