Apuntes biográficos/históricosSuplemento literario do xornal "El Noroeste" (A Coruña. 1896). Comenzou como suplemento de catro páxinas para transformarse posteriormente en "Bibrioteca popular galega", onde se publicaron algunhas obras das voces máis lúcidas da cultura galega da altura: Vicente Risco, Carré Aldao, Carballo Calero ou Francisca Herrera Garrido.
Promovido por Eladio Rodríguez González, foi o antecesor doutras iniciativas frutíferas para a literatura galega, especialmente para a poesía: "Nós", o novo suplemento de "El Noroeste" que viña substituír "Terra a nosa" e cuxa pretensión era a de acoller a todos os poetas en lingua galega elaborando, así, unha sorte de antoloxía totalizadora.
RAG
Formas alternativas do nome¡Terra a nosa! : supremento de El Noroeste
Bibrioteca popular galega
Fontes consultadas1. Eladio Rodríguez González. En: Letras galegas (RAG) https://2012.academia.gal/figuras-homenaxeadas/-/journal_content/56_INSTANCE_8klA/10157/14281
2. Entrada "El Noroeste". Galipedia, visitada o 3 de marzo de 2022 https://gl.wikipedia.org/wiki/El_Noroeste_(1896)