Apuntes biográficos/históricosFélix Alonso García naceu cara a 1898 en Madrid, cidade na que desenvolveu case toda a súa carreira de debuxante publicitario e ilustrador. Debuxante e caricaturista, a súa firma, Alonso, sen máis datos, aparece con frecuencia na produción gráfica realizada en Madrid entre os anos vinte e os corenta do século XX. Aparece no suplemento infantil do semanario Blanco y Negro, "Gente Pequeña (1928-1936)" e nas capas da colección de textos teatrais "La farsa". Foi alumno da Academia de Bellas Artes de San Fernando onde realizou o cartel anunciador da Exposición dos alumnos de 1918. A súa ocupación principal foi a de cartelista, tanto no mundo da publicidade como da política, sendo un dos colaboradores de Josep Renau no Pabellón de España durante a Expo de París no 1937.