Antonio Maseda Bouso foi un avogado, político e xornalista galego nado en Mondoñedo en 1893 e finado en Madrid no 1989. Foi un dos fundadores da Irmandade da Fala midoniense en 1917, así como presidente da Sociedade de Obreiros Católicos de Mondoñedo, presidente da Federación Católico-Agraria de Mondoñedo e secretario da Confederación Nacional Católico-Agraria. Dirixiu os periódicos "Galicia Social Agraria" e "Acción Social". No 1933 presentouse ás eleccións co partido agrario de dereitas.
Enlaces relacionados
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal