(Santiago de Compostela, España, 1867 - Madrid, España, 1938)
Apuntes biográficos/históricosFillo do avogado, xornalista e político galego, Aureliano Linares Rivas, segue os pasos do seu pai, e tras rematar a carreira de Dereito, comeza a súa traxectoria política como deputado por Ordes e máis tarde como senador pola provincia da Coruña.
Por mor dunha xordeira progresiva que se lle diagnosticou, decide adicarse á literatura e o xornalismo, e convértese en redactor nas revistas El Resumen e El Nacional. Tras o estreo de dúas das súas obras de teatro, El camino de la gloria e La ciencia de los hombres, interrompe a súa carreira durante uns anos, pode que pola actitude do seu pai en contra a súa vocación literaria. Co respaldo da súa dona, Elisa Soujol O'Connor, continúa escribindo pese as dificultades que tivo en ser recoñecido.
En 1903 estrea Aire de fuera, unha comedia de gran éxito que desencadeou gran polémica ao denunciar a situación da muller casada nun matrimonio sen amor. Esta obra consagrouno como dramaturgo de éxito e moi prolífico, que deixou varios manuscritos inéditos que se conservan na Biblioteca da Deputación da Coruña.
Algúns estudos sosteñen a influencia de Jacinto Benavente na obra de Linares Rivas, pero outros inclínanse por situalo xunto co último Echegaray, Galdós e Dicenta. Tamén incluído no movemento naturalista, a súas obras expoñen polémicas sociais, políticas e xudiciais, como a do divorcio, os códigos de honor, a desigualdade social, etc. Considerado como teatro inconformista e social, pero non revolucionario. A súa postura vaise facendo cada vez máis conservadora con tempo.
A diferenza da obra doutros autores coetáneos, a de Linares Rivas desperta moi pouco interese pola crítica e os estudos literarios, feito que non se corresponde coa cantidade e calidade da súa produción dramática.
Manuel Linares Rivas foi Académico da Real Xurisprudencia e da Real Academia Española.
Formas alternativas do nomeLinares Rivas, M., 1867-1938
Linares Rivas Astray, Manuel, 1867-1938
Linares Rivas y Astray, Manuel, 1867-1938
Linares-Rivas y Astray-Caneda, Manuel, 1867-1938
Linares Rivas, Manuel
Fontes consultadas1. Ares Cuba, Daniel. El teatro de Manuel Linares Rivas ante las crisis socioeconómicas del primer tercio del siglo XX (1902-1936) https://www.academia.edu/51383979/El_teatro_de_Manuel_Linares_Rivas_ante_las_crisis_socioeconómicas_del_primer_tercio_del_siglo_XX_1902_1936_Tesis_Doctoral_
2. Autores galegos na BUSC. Consulta o día 31 de marzo de 2022 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=2644
3. López Criado, Fidel. (1998) "El caso de Linares Rivas: Exhumación de una obra maldita," Teatro: Revista de Estudios Culturales / A Journal of Cultural Studies: Número 13-14, pp. 71-93. https://ebuah.uah.es/dspace/handle/10017/4627
4. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional de España. Visitado o día 10 de marzo de 2021. XX1058634