As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal de internet (en diante, o “Portal') que a Xunta de Galicia pon a disposición dos usuarios de internet.
A Xunta de Galicia é a titular do dominio de segundo nivel “galiciana.gal” e dos distintos elementos nel incluídos.
Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.
Os portais da iniciativa da Memoria Dixital de Galicia, son publicados baixo o nome “Galiciana” e facilitan acceso ao patrimonio cultural de Galicia xestionado pola Xunta de Galicia ou por outras institucións da memoria.
A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.
A Xunta de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.
A Xunta de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.
Propiedade intelectual e industrial
Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
A descrición dos elementos e as imaxes do patrimonio inclúen os dereitos e restricións que aplica de xeito especifico en cada caso.
A gran maioría dos elementos se atopan baixo unha licencia de Marca de dominio público 1.0 ou de Atribución-Non comercial-Non derivadas 4.0 Internacional (CC BY-NC-ND 4.0) pero é responsabilidade do usuario verificar os dereitos que aplican e facer un uso adecuado, con suxeición ás seguintes condicións:
Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Portal e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.
Este portal emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais.
Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.
Os diferentes tipos de cookies empregadas neste portal poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.
Tipos de cookies segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:
Tipos de cookies segundo a entidade que as xestione:
Tipos de cookies segundo a súa finalidade:
Descrición das cookies
Este portal emprega as seguintes cookies:
TIPO DE COOKIE |
COOKIE |
FINALIDADE |
POLÍTICA |
Propia |
JSESSIONID |
Manter activa a sesión da persoa usuaria e no idioma seleccionado |
Xunta de Galicia - Política de cookies |
De terceiros (Google) |
_gid |
Analítica e distinguir ás persoas usuarias |
Google Analytics - Protección de datos |
As cookies de terceiros indicadas no cadro e empregadas neste portal son de dous tipos:
Xestión das cookies
Se desexa restrinxir, rexeitar ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo, suxerímoslle que modifique a configuración do seu navegador. Obteña toda a información necesaria nas seguintes ligazóns:
No caso de que decida rexeitar todas as cookies, informámoslle que determinados servizos ou funcionalidades do portal poderían non responder correctamente.
As persoas usuarias deste portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo no que poden exercitar os dereitos, o contacto cos delegados e as delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, na seguinte ligazón: información sobre protección de datos persoais.
O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán.
Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal