(Noia, A Coruña, España, 1879 - Santiago de Compostela, España, 1949)
"Manuel Villar Iglesias, nado en Noia o 30 de novembro de 1879 e finado en Santiago de Compostela o 30 de decembro de 1949, foi un médico, profesor e político galego. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, foi alumno agregado do Hospital Clínico e licenciouse en 1900. Doutorouse en 1904 cunha tese sobre as enfermidades venéreas, a pel e as vías urinarias. Foi académico da Real de Medicina da Coruña, membro da Asociación Española e da Sociedade Internacional de Uroloxía. Foi alcalde de Santiago de Compostela en 1930 por un breve período. Membro da Asociación de Traballadores da Ensinanza da UGT de Compostela á que representou no Congreso fundacional da Federación Galega de Traballadores da Ensinanza da UGT celebrado en Vigo en maio de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado e inhabilitado para ocupar cargos de responsabilidade".
Enlaces relacionados
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal