Apuntes biográficos/históricosLicenciado en Medicina pola Universidade de Valladolid con premio extraordinario, exerceu na súa cidade natal onde foi nomeado polo concello, director do Servizo de Diagnóstico Precoz do Cancro.
Correspondente da Real Academia Galega, numerario da Sociedad Española de Médicos Escritores, membro de honra da Asociación de Biopatología Clínica e membro fundador da Asociación de Análisis Clínicos, Asociación de Anatomía Patológica, Alergia, Oncología e Hidrología, Medalla de ouro da Asamblea Suprema de la Cruz Roja Española, cruz de Alfonso X, El Sabio, diploma de comendador da Orden Civil de Sanidad. Publicou numerosos traballos científicos pero tamén outras obras de divulgación como a Galería de médicos gallegos ilustres. Tivo ao seu cargo como editor a obra Clara Corral Aller 1847-1908 Poesías en gallego y castellano, autora da que era parente.
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Consulta o día 13 de outubro de 2023. https://autorgal.usc.gal/encabezamiento/romero-vazquez-dimas-1918-1981/
2. Gran Enciclopedia Gallega, 1974-2000. T. XXVII Romero Vázquez, Dimas [entrada escrita] por Antonio Fraguas Fraguas