Apuntes biográficos/históricosFoi un debuxante, ilustrador e caricaturista galego, artista precoz que se deu a coñecer en "A Nosa Terra" cando só tiña dezaseis anos de idade.
Estudou na Escola de Comercio da Coruña. En 1919 comenzou a colaborar en A Nosa Terra, Mondariz e Alborada facendo caricaturas. Fixo a primeira exposición en 1920 na sede das Irmandades da Fala da Coruña. Traballou en El Pueblo Gallego, El Sol, Faro de Vigo, Vida Gallega, El Ideal Gallego, Galicia Emigrante, Mariñana, As Roladas, Ronsel e Alfar, e deseñou a cabeceira de Mar y Tierra.
Ingresou na Irmandade da Fala da Coruña en 1920. En 1922, xunto co poeta Manuel Antonio escribiu o manifesto Máis alá!, relativo á vangarda artística e literaria galega. En 1923 viaxou a París, onde frecuentou academias libres e fixo amizade con varios artistas, entre eles Tsuguharu Foujita. En 1926 fixo debuxos para a edición da obra de teatro O Mariscal, de Ramón Cabanillas e Antón Vilar Ponte. O drama da Guerra Civil trocoulle o carácter, deixou de coidarse e tivo que pasar varias tempadas no sanatorio antituberculoso de Ferrol, non volveu publicar ata 1945. En 1950 volveu publicar debuxo de humor en El Ideal Gallego. Ingresou en 1953 na Real Academia Galega de Belas Artes "Nosa Señora do Rosario" e pouco despois recibiu unha homenaxe organizada por diversos persoeiros como Camilo José Cela, Ramón Cabanillas, Francisco Asorey, Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro, Mariano Tudela e José María Castroviejo.
Formas alternativas do nomeCebreiro Martínez, Álvaro, 1903-1956
Cebreiro, 1903-1956
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 27 de abril de 2020. http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=1094
2. Autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX826261. Visitado o 27 de abril de 2020.