O Patrimonio Bibliográfico de Galicia é un concepto xurídico, definido na lexislación vixente (Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia) e que podemos resumir como segue :
Fondos e coleccións bibliográficas e hemerográficas de especial valor cultural. Así como as obras literarias, históricas, científicas ou artísticas, tamén de especial valor cultural, tanto se son impresas, manuscritas, fotográficas, cinematográficas, fonográficas ou magnéticas, de carácter unitario ou seriado en calquera tipo de soporte e independentemente da técnica utilizada para a súa creación ou reprodución, nas que concorra algunha das seguintes circunstancias:
Normativa vixente
-A nivel autonómico :
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia
Lei 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia
-A nivel estatal :
Lei do patrimonio histórico español 16/1985
O Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico de Galicia
A propia lexislación (Lei 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia) obriga á Administración a protexer, conservar, acrecentar, difundir e fomentar o patrimonio galego. Por iso dispón entre as funcións da Biblioteca de Galicia a de colaborar na elaboración e actualización permanente do Catálogo colectivo do patrimonio bibliográfico de Galicia, así como doutros posibles instrumentos de acceso común á información bibliográfica ou de acceso ao documento.
Ademais obriga ás bibliotecas pertencentes ao Sistema Galego de Bibliotecas a comunicar á Biblioteca de Galicia a tenza de obras ou fondos bibliográficos integrantes do patrimonio bibliográfico de Galicia.
Polo tanto, o Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico de Galicia (CCPBG) tenta recoller a descrición dos documentos que conforman este patrimonio. Inclúe non só o da propia Biblioteca de Galicia, senón o de todas as bibliotecas galegas que conservan material bibliográfico susceptible de seren patrimonial.
O CCPBG constitúese na principal ferramenta para conservar e difundir o patrimonio bibliográfico de Galicia.
O CCPBG comeza a súa andadura en novembro de 1986, como parte dun proxecto más amplo a nivel estatal que é o Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico Español (CCPB), co que segue a colaborar actualmente.
O micrositio do Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico de Galicia, dentro de Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia, permite acceder a todas as descricións do catálogo desde un só punto.
Considerouse que Galiciana-BDG sería unha boa plataforma para dar acceso a toda a información do patrimonio bibliográfico galego acumulada durante máis de tres décadas e que estivo dispersa en diferentes soportes e bases de datos durante moitos anos. A decisión de compartir o mesmo sistema de xestión bibliotecaria ca biblioteca dixital baseouse no obxectivo de conseguir que cada vez máis obras incluídas no CCPBG poidan consultarse na súa versión dixital.
Historia do Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico de Galicia
Vídeo sobre a historia do CCPBG
Premendo nesta sección accederás a unha web onde se ofrecen catro videotitoriais que explican como facer as buscas e como explotar ao máximo as opcións que oferta o catálogo.
Cronolóxica
Seguindo o criterio de catálogo colectivo español, o catálogo galego establece os mesmos límites cronolóxicos para a súa cobertura. Na Lei do do patrimonio histórico español 16/1985 presuponse que existen polo menos tres exemplares de obras impresas nas bibliotecas ou servizos públicos a partir de 1958, porque é o momento no que se regula o Depósito Legal (D.L.) en España. As normas do D.L. obrigan os editores a depositar estes exemplares nas bibliotecas públicas, polo que estaría garantida a súa conservación.
Así que o catálogo recolle obras impresas anteriores a 1958.
Xeográfica
Na cobertura xeográfica o catálogo céntrase nos bens que se atopan en Galicia.
No ano 2024 contén a descrición de máis de 221.000 títulos de documentos patrimoniais de 47 bibliotecas de Galicia.
MAPA DAS INSTITUCIÓNS PARTICIPANTES
Nesta sección figuran as institucións participantes na súa localización xeográfica e os seus datos relacionados co CCPBG.
As estatísticas que se consignan deseguido están referidas ao ano 2024. O catálogo está pendente dunha limpeza de duplicados, polo que os datos poden sufrir algunhas variacións despois de que esta se leve a cabo. Accédese a elas premendo sobre as seccións seguintes :
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal