(Monforte de Lemos, Lugo, España, 1812 - Santiago de Compostela, España, 1888)
Apuntes biográficos/históricosAntonio Casares Rodríguez foi un químico e farmacéutico español. Xunto Cajal, Echegaray, Carracido e algúns outros, un dos piares científicos da xeración do 1898.
O seu "Tratado de química general" foi moi utilizado como libro de texto en España e outros países.
En 1883, xunto cos catedráticos da Facultade de Medicina Francisco Freire Barreiro e Timoteo Sánchez Freire, formou parte da comisión encargada de estudar os restos de Santiago o Zebedeo e os seus dous discípulos (san Atanasio e San Teodoro), para poder determinar con exactitude os que correspondían ao apóstolo. Reconstruídos os esqueletos, observouse que a un deles faltáballe a apófisis mastoide. Por este motivo, a comisión trasladouse, en 1884, á localidade de Pistoia, onde se conservaba unha reliquia de Santiago, tras o cal comprobouse que era a parte ósea que faltaba no osario de Compostela. Grazas aos traballos desta comisión, a autoridade eclesiástica española e o Sumo Pontífice de Roma declararon oficialmente a autenticidade dos restos de Santiago Apóstolo en Compostela.
Foi pioneiro en España na obtención da electricidade mediante un arco voltaico. Recibiu homenaxes na mesma Academia de Ciencias de París. Conseguiu iluminar a noite santiaguesa ao acender a primeira luz eléctrica con arco voltaico que funcionou a nivel estatal.
Interésase polos métodos de análises, o que dará como resultado (1866) a publicación dun excelente "Tratado práctico de análisis química de las aguas minerales y potables". Unha importante incorporación ao laboratorio é a do espectroscopio ao pouco tempo de ser modificado e aplicado á análise por Bunsen e Kirchoff. Probablemente, a Universidade de Santiago foi a primeira de España en utilizar a análise espectral como técnica ao servizo do analista. A súa cátedra mantivo colaboracións coas fábricas de vidro da Coruña, de ferro e louza de Sargadelos e de estaño de Avión.
A súa valía persoal levoulle a pertencer a gran número de corporacións científicas. Tamén estaba en posesión de Encoménda de Carlos III e da Gran Cruz de Isabel a Católica. Traballador incansable, desenvolveu un gran labor docente, cunha intensa dedicación á análise química das augas (máis de vinte monografías publicadas), onde conseguiu unha indiscutible autoridade, e numerosos estudos de mineraloxía. Foi, ademais, titular dunha acreditada oficina de Farmacia en Santiago de Compostela.
Tamén foi un adiantado na preparación do cloroformo e as súas aplicacións como anestésico, investigacións que iniciou tan só dous meses despois da primeira comunicación de James E. Simpson.
Pódese sinalar como unha última faceta do seu quefacer científico a tradución de obras prestixiosas, como a de Eugène Soubeiran sobre farmacia, que adaptou e enriqueceu cos seus coñecementos.
Formas alternativas do nomeCasares Rodrigo, Antonio, 1812-1888
Casares Rodríguez, Antonio Jacobo, 1812-1888
Casares y Rodrigo, Antonio, 1812-1888
Casares Rodriguez, Antonio, 1812-1888
Casares y Rodríguez, Antonio, 1812-1888
Casare, A, 1812-1888
R. C. R., 1812-1888
Casares Rodriguez, A., 1812-1888
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 11 de xullo de 2012 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=985
2. Catálogo de Autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX1238798. Visitado o 11 de xullo de 2021.