(Santiago de Compostela, España, 1715 - Alba de Torres, Salamanca, España, 1769)
Apuntes biográficos/históricosAos quince anos, Pedro Otero Mallón tomou os hábitos en Santiago de Compostela, a súa cidade de orixe. Tempo despois, trasladouse a Salamanca, cidade na que se graduou en Teoloxía e na que exerceu toda a súa vida como catedrático. Compaxinou a docencia con outros cargos, coma os de ministro provincial ou visitador de provincias. Ademais, aceptou o posto de definidor ofrecido polo Capítulo General de Mantua e rexeitou outros, coma ministro e procurador xeral. Nos derradeiros días da súa vida foi proposto para bispo de Ourense.
Otero Mallón está considerado coma un dos mellores teólogos e oradores sacros do seu momento. Como mostra disto hoxe en día consérvanse varias das súas oracións.