(Pontevedra, España, 1836 - Santiago de Compostela, España, 1902)
Apuntes biográficos/históricosLuis Rodríguez Seoane foi un médico, político e académico galego nado en Pontevedra en 1836 e finado en Santiago de Compostela en 1902. Chegou a ser deputado e senador nas Cortes da Restauración polo Partido Moderado. Foi un dos fundadores do semanario "El País", ademais de colaborar en " El Buscapié", "El Siglo Médico", "La Perseverancia", "Revista de Galicia" e no "Faro de Vigo". De 1885 a 1886 foi presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. Foi un dos organizadores do Banquete de Conxo. Tamén cultivou a poesía , tanto en galeco coma en castelán.