Apuntes biográficos/históricosCoñecido como P.P.K.O, foi un editor e escritor galego, dono da editorial PPKO, na que se publicaban obras moi comerciais. Dela saíron os libros de ouro de Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra, María, Ourense e A Coruña.
Cabaleiro da Orde Civil de Alfonso XII dende 1906, Académico da Real Academia Galega dende 1913 e da Academia de Belas Artes de San Fernando dende 1920, foi tamén nomeado polo Instituto de Estudos do Minho, de Portugal en 1923 e recibiu a encomenda de Afonso X o Sabio.
É o autor de Los pazos gallegos xunto con Javier Ozores e o Marqués de Quintanar, unha obra sobre a arquitectura destas construcións en Galicia.
Foi concelleiro do Concello de Vigo.
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Consulta o día 6 de febreiro de 2023 https://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=9443
2. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional de España. Visitado o día 6 de febreiro de 2023. XX1024476