Apuntes biográficos/históricosFoi ebanista e estudou Debuxo e Xeometría na Escola de Artes e Oficios de Ferrol con Eugenio Charlón. Formouse con Charlón na Escola Dramática Galega fundada por Eduardo Sánchez Miño en 1903. Compuxo con el sainetes satíricos e pezas teatrais, normalmente escritos para ser interpretados por eles mesmos. Varias das súas obras son coñecidas como parrafeos. Utilizaron un galego coloquial e festivo, pero non exento de cultismos. Participou na fundación da Irmandade da Fala de Ferrol e na do coro Toxos e Froles.
Como obras más destacadas figuran: Mal de moitos, Trato a cegas, Axúdate, O Menciñeiro, Miña terra, O vello paroleiro e O que non sabe mañas, estreadas entre os anos 1915 e 1925.
Permanecen inéditas Calquera entende este enredo, Nocturno periodístico, Polo pan baila o can e Ai se mandáramos nós.
Formas alternativas do nomeSánchez Hermida, Manoel
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 20 de abril de 2021 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=4540
2. Catálogo da Biblioteca Nacional. XX1792465. Visitado o 20 de abril de 2021