Apuntes biográficos/históricosO museo creouse oficialmente en 1922 sen unha sede fixa coa adquisición dalgunhas obras para a colección grazas a persoeiros da cidade. O seu primeior director foi o historiador da arte e arqueólogo, Ángel del Castillo.
En 1938 cédese unha parte do edificio do Consulado do Mar como sede para a colección, compartindo espazo coa Real Academia de Belas Artes e a Biblioteca do Consulado. En 1947 ábrese o recinto ao público, mentres a colección vaise acrecentando con doazóns, depósitos e adquisicións.
Na década dos oitenta convértese en museo de titularidade estatal cun orzamento propio e regular, pasando á Xunta a súa xestión en 1989.
En 1995 inaugúrase o novo edificio do museo, na traseira do antigo e sobre as trazas do convento das Capuchinas rehabilitado, obra do arquitecto Manuel Gallego Jorreto, cuxo proxecto gañou o Premio Nacional de Arquitectura en 1997.
Formas alternativas do nomeMuseo Provincial de Bellas Artes (A Coruña)
Museo Provincial de Bellas Artes de La Coruña (La Coruña, España)
Museo Provincial de Bellas Artes de La Coruña
Museo Provincial de Bellas Artes (La Coruña)
Fontes consultadas1. Museo de Belas Artes da Coruña. Consulta o día 20 de setembro de 2021 http://museobelasartescoruna.xunta.gal/index.php?id=31