Apuntes biográficos/históricosSaga de fotógrafos que comeza con Antonio Avrillon que veu de Francia e se estableceu na Coruña arredor de 1845; continuo o negocio o seu fillo Juan Bautista Avrillon e máis tarde o seu neto José Avrillon. Así, cando aparece unha fotografía co nome de Avrillon, non debemos esquecer que o seu estudo permaneceu aberto mais de 70 anos, e que a autoría pode ser atribuída a calquera dos tres.
Antonio Avrillon tivo tamén unha filla, Nelly Avrillon, que se casou co tamén fotógrafo establecido na Coruña, Luis Sellier Loup.