Apuntes biográficos/históricosVirgilio Ledo Santoandré, nado en Chantada, foi un xornalista e político galego.
Emigrante en Cuba, foi redactor das revistas "Caricato" e "Semana". Ao seu retorno da illa foi administrador do periódico "La Voz del Agro" de Chantada. Na Segunda República foi oficial do Concello de Chantada. Foi secretario da Juventud Agraria (1932), secretario da Sociedad de Agricultores de Centulle e vicepresidente da Federación Agraria Liga Provincial Agraria de Lugo. Secretario da Asociación Republicana en 1934, foi delegado do Comité Provincial Izquierda Republicana de Lugo. Foi elixido compromisario para a elección do presidente da República en 1936. Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 13 de agosto, permanecendo no cárcere de Lugo sen procesamento xudicial até o 14 de maio de 1938. Abríronlle expediente por responsabilidades políticas en xaneiro de 1942 e foi sancionado. No franquismo foi apoderado da empresa Auto Industrial en Ourense.