Apuntes biográficos/históricosAmparo Arango Fernández, nada na Habana o 2 de abril de 1907,foi unha química e farmacéutica galega. Realizou estudos superiores de Química e Farmacia na Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela entre 1926 e 1931. Foi discípula de Isidro Parga Pondal, xunto a Encarnación Fraga Padín e Dolores Lorenzo Salgado.Ingresou no Seminario de Estudos Galegos en 1929, co traballo "Contribución al estudio de los minerales de wolframio de Galicia III: Análisis de las wolframitas de Juno, Monte Neme, Casayo, A Veiga y Vilacoba", que se publicou nos "Anales de la Sociedad Española de Física e Química".