Na actualidade Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia dá acceso a 5.174 títulos de monografías dixitalizadas. O formato desas imaxes é JPEG, o máis empregado nas bibliotecas dixitais de todo o mundo, aínda que tamén conta con algunhas obras en formato PDF. No 2018 a Biblioteca de Galicia considerou que sería enriquecedor para Galiciana-BDG incluír novos formatos, como o ePub, coa intención de favorecer a difusión das obras patrimoniais galegas e facilitar o acceso á información dos usuarios desde diferentes dispositivos. Este proxecto púxose en marcha sobre unha selección de 16 obras clásicas da literatura galega.
Durante o ano 2019, a Biblioteca de Galicia continuou coa incorporación de novos títulos en formato ePub. Esta vez foron 14 as obras convertidas a formato ePub, o que permite a súa lectura nos múltiples dispositivos cos que é compatible este formato (tabletas, e-readers, móbiles, ...) e a súa descarga libre e gratuíta.
No ano 2021, celebrouse o centenario da morte de Emilia Pardo Bazán. Galiciana-BDG sumouse a esta conmemoración transformando á formato epub, 12 títulos obra da sobranceira escritora.
No ano 2022, Galiciana seguiu transformando a formato epub outros 12 títulos, como "La corredoira y la rúa" de Pérez Lugín, ou "Los hidalgos de Monforte" de Benito Vicetto.
Actualmente forman esta colección 57 títulos de obras clásicas da literatura feita en Galicia, en galego e castelán. Recóllese neste micrositio obras de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Marcial Valladares, Lamas Carvajal, Sofía Casanova, Antón Villar Ponte ou Emilia Pardo Bazán, entre outros. Dos grandes autores do Rexurdimento, Rosalía, Pondal e Curros, transformáronse a formato ePub os seus títulos máis significativos e procurouse tomar como referencia as primeiras edicións desas obras.
En canto aos xéneros escollidos, a poesía e a novela son os maioritarios, ainda que tamén contamos con algún ensaio e cunha biografía de Manuel Curros Enríquez escrita por Augusto González-Besada e Félix Melendo.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal