Apuntes biográficos/históricosJuan Pallares y Gayoso iniciou estudos en Humanidades na súa cidade natal, Lugo. Tempo despois, trasladouse a Compostela, onde cursou Filosofía e obtivo o doutorado en Teoloxía.
Con tan só vintecatro anos, obtivo a Lectoría da catedral lucense, cargo que compaxinou co seu labor ao fronte da cátedra que ocupou no seminario. Tivo gran devoción pola patroa da cidade, a Virxe dos Ollos Grandes, dirixindo a súa arquiconfraría con gran celo. O cabido puxo nas súas mans importantes e comprometidos proxectos, como ser enviado a Madrid para tratar o dogma da Inmaculada.
Aínda que da súa man saíron varios escritos, desafortunadamente son poucos os que chegaron aos nosos días.