(Baralla, Lugo, España, 1717 - A Coruña, España, 1784)
Apuntes biográficos/históricosVicente Álvarez de Neira destacou sobre todo polo seu labor coma letrado. Tras obter en 1740 o título de Leis na Universidade de Santiago, exerceu na Coruña. Nesta cidade o seu papel foi decisivo á hora de crear o Colexio de Avogados da Real Audiencia da Coruña. Asemade, actuou coma avogado do Reino de Galicia ao servizo da súa Xunta, ocupándose ao tempo dos asuntos de diversos persoeiros da época. O biógrafo Manuel Taboada Roca, en Semblanzas de juristas gallegos que no deben permanecer en el olvido narra como xunto con Cornide y Saavedra, Álvarez de Neira redacta un informe remitido ao rei polo Colexio de Avogados da Coruña. A consecuencia deste informe dítase unha real provisión que deixa en suspenso o desexo da Xunta do Reino de Galicia de renovar os foros vencidos. En 1775 Vicente Álvarez de Neira é nomeado arquiveiro do Reino de Galicia. É precisamente nas instalacións do arquivo onde nove anos máis tarde falecería. Hoxe en día, unha das salas de exposicións do edificio leva o seu nome.
Formas alternativas do nomeÁlvarez de Neira, Vicente
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 19 de xullo de 2013 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=174
2. Taboada Roca, Manuel. Semblanzas de juristas gallegos que no deben de permanecer en el olvido (1956).