Apuntes biográficos/históricosFoi un xornalista e escritor galego.
Fillo de Amando Castroviejo e irmán de Concha Castroviejo, así como neto por parte de nai do arqueólogo carlista Ricardo Blanco-Cicerón.
Estudou dereito e filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Lión.Durante a súa época de estudante en Santiago pertenceu á Federación Universitaria Escolar. Na súa mocidade foi carlista, como o seu avó, e formou parte do grupo cruzadista. Está considerado un dos intelectuais que formaron parte do núcleo inicial de Falange.
Desde 1935 exerceu como profesor de economía política e facenda pública da Universidade de Santiago de Compostela. Logo do alzamento nacional uniuse ás forzas sublevadas, e combateu no exército «nacional». Desde 1937 foi director do xornal El Pueblo Gallego, pertencente á Prensa do Movemento.
A súa obra literaria adoita ser incluída na chamada Antoloxía poética do Alzamento. Tamén cultivou a prosa, seguindo o estilo de Álvaro Cunqueiro, con quen escribiu o libro "Viaje por los montes y chimeneas de Galicia". Xunto a Cunqueiro publicou tamén a obra gastronómica "Teatro venatorio y coquinario gallego" (1958). Castroviejo escribiu tamén unha peza teatral, Don Quijote. Colaborou na revista Nós (nº 91, xullo de 1931), co poema "Noroeste". Defendeu o uso da lingua galega fronte a Juan Aparicio, director xeral de Prensa, que consideraba un snobismo que Ramón Piñeiro e Celestino Fernández de la Vega traducisen a este idioma o filósofo nacionalsocialista Martin Heidegger.
Galipedia
Formas alternativas do nomeBlanco Cicerón, José María Castroviejo, 1909-1983
Castroviejo Blanco Cicerón, José María, 1909-1983
Castroviejo y Blanco Cicerón, José M., 1909-1983
Castroviejo, José María, 1909-1983
María Castroviejo, Xosé, 1909-1983
Castroviejo y Blanco-Cicerón, José María, 1909-1983
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Consultado o 1 de outubro de 2014 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=1084
2. Catálogo de Autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX4579392. Consultado o 1 de outubro de 2014